O Blu-ray poderÃa ser un lastre para a PS3
martes, 12 de decembro do 2006
Sony demorou o lanzamento da PS3 por mor do seu reprodutor de Blu-ray, nun intento de converter á súa nova consola no motor que achegue o vÃdeo en alta definición ós fogares de todo o mundo, e precisamente é o factor que dende a compañÃa nipona consideran que é o que converte á PS3 en moito máis que unha consola, aÃnda que segundo o analista Michael Goodman (de Yankee Group) poderÃa ser xusto do revés, pois os retrasos da posta á venda da PS3 (lembremos que non chegará a Europa ata marzo) afectarÃan moi negativamente a Sony e mesmo a incorporación de serie da unidade de Blu-ray, que incrementarÃa o prezo entre 150 e 200 dólares, poderÃa pesar en contra da PS3, xa que encarecerÃa a consola por un elemento para o que aÃnda non existe unha demanda real.
AsÃ, o Blu-ray se ve de xeito xeral coma un encarecedor da PS3 na vez de ponderarse coma unha prestación subliñable, especialmente tendo en conta que este formato deberá competir co HD DVD (ou sexa, que lembra á guerra entre o VHS e o Betamax; algo do que os consumidores queren fuxir).
De tódolos xeitos, a grande potencia gráfica da PS3 está a ser ben recibida e os analistas de publicacións dedicadas ós videoxogos non dubidan ó deixar a un lado os soportes de almacenamento e sosteñen que o éxito ou fracaso da PS3 dependerá exclusivamente dos seus xogos, e lembran o feito de que a compradores da PS2 non a mercaron coma un reprodutor de DVD, senón que tal caracterÃstica era un extra para eles, e percibirÃan do mesmo xeito ó Blu-ray se logran colocar no mercado videoxogos que impulsen á consola.