O CITIC participou nunha acción educativa no Día do Neno Hospitalizado

xoves, 19 de maio do 2022 S. P.

Con motivo do Día do Neno Hospitalizado, este pasado 13 de maio, o Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña participou nun obradoiro lúdico-pedagóxico de robótica dirixido a nenos ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).
A actividade desenvolveuse na devandita xornada do día 13, organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) en colaboración coa Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG).
O subdirector do CITIC, Javier Pereira, dirixiu o taller coa axuda dos investigadores Manuel Lagos e Patricia Concheiro, na que os nenos e nenas participantes crearon un mando con caixas de cartón co que podían controlar desde un coche teledirixido ata un vehículo aéreo non tripulado, e programaron o voo dun dron e un chip para controlar un videoxogo cos pés.

PUBLICIDADE