O CLAG informa: coa TDT no eido local todo son vantaxes para concellos e cidadáns
venres, 4 de xullo do 2008
A TDT non é unha televisión máis, malia que moitos dos cidadáns que xa teñen acceso a ela seguen a facer practicamente o mesmo que facÃan coa analóxica: ver, escoitar e xa está. Segundo datos de www.impulsatdt.es, a nova tecnoloxÃa vaise implantando antes cás súas posibilidades. Ou sexa: que achega interactividade, información e mesmo vÃas para ter un papel máis participativo na vida pública do noso contorno (Administración Electrónica), pero seguimos a voltas co fútbol e as series de ficción. Esta circunstancia é aplicable tamén á oferta. Segundo informou este venres o Clúster Audiovisual Galego no transcurso dun foro encamiñado a tirar partido da TDT no eido local da nosa terra, agás en algún que outro caso ben concreto, a oferta televisiva das canles de TDT aÃnda non comezou a explotar as posibilidades propias alén da mellora na calidade do sinal. Entre outras cousas, isto implica que unha das grandes bazas da TDT, a de ofrecer vÃas para o intercambio de datos (porta de acceso á Sociedade do Coñecemento), aÃnda fica no cartafol de bosquexos.
Datos coma este foron dados a coñecer nun evento, celebrado no Hotel Araguaney de Santiago, que serviu para animar aos poderes públicos a achegar novos contidos audiovisuais e servizos multimedia útiles para os cidadáns.
A xuÃzo dos presentes, potenciando os servizos da nova televisión nos concellos ata se poden tirar abaixo todas as barreiras que ata o de agora mantiñan case inalterable a fenda dixital, a que se sitúa entre unha chea de colectivos cidadáns e a Sociedade do Coñecemento.
Deste xeito, impulsando esta tecnoloxÃa nos concellos galegos estarase a participar en varias frontes distintas: favorecendo o medre do sector audiovisual da nosa terra a todos os niveis (dende as empresas que xeran contidos ata as que favorecen a transmisión), axilizando o dÃa a dÃa das propias administracións (que poden informar aos cidadáns e ofrecerlles servizos de xeito máis rápido e completo) e asentando os alicerces do que se vén chamando a cidadanÃa dixital. No foro organizado en Santiago polo CLAG, no que participaron persoeiros do sectores público e privado vinculados ao audiovisual galego e ao eido local (Manuel Xosé Fernández, director xeral de Comunicación Audiovisual ou Carlos Fernández, presidente da FEGAMP), tamén participaron responsables de varios proxectos de implantación e afianzamento da TDT en concellos de fóra da nosa terra.
A idea do CLAG foi tirar partido da súa presenza para valorar diferentes aplicacións das súas iniciativas en Galiza, con todas as adaptacións ás nosas circunstancias particulares que se poidan facer. Estes foron algúns dos proxectos presentados en Compostela:
· Maresme Digital. Trátase dunha iniciativa posta en marcha dende Catalunya para promover as posibilidades da TDT. Nela participan concellos do Maresme (como por exemplo Mataró, El Masnou, Argentona, Premiá de Dalt, Tiana ou Cabrils) e máis o Consello Comarcal do Maresme. A súa idea era crear unha única plataforma de TDT que xerase un espazo para a información local e non prescindise das máis innovadoras tecnoloxÃas.
· TDT-Sevilla. Este é un proxecto semellante ao anterior que está a ser impulsado pola Deputación Provincial de Sevilla en colaboración cos termos de Castilleja de la Cuesta e San Juan de Aznalfarache. A iniciativa, que xurdiu ao abeiro do Plan Avanza, consiste no desenvolvemento dun novo tipo de relación entre as administracións locais e os seus cidadáns (a través da TDT, T-administración) e dunha serie de servizos innovadores que logo serán empregados na Rede Local de Medios Audiovisuais (MAREL), integrada por 75 concellos da provincia de Sevilla.
