O CLAG informa da posta en marcha dunha marca audiovisual galega para principios de 2008
xoves, 26 de xullo do 2007

- Antón Reixa e Fernando Blanco durante a presentación do informe do CLAG
A marca galega será o altofalante
do noso audiovisual. Un intanxible que teña peso, se isto é posible,
polo que posúe de factor determinante para a industria da nosa terra,
de valor decisivo no mercado. A posta en marcha desta marca é precisamente
a razón de ser do proxecto que o
Clúster Audiovisual Galego
(CLAG) desenvolverá no primeiro trimestre de 2008, iniciativa que foi
presentada estes dÃas xunto co informe que verifica a súa viabilidade
e sitúa polo miúdo ós axentes que deben participar na súa consecución
(entre os que se contan todos os departamentos da Xunta que teñan relación
co eido do audiovisual, amais das propias empresas do sector en Galiza).
Para Antón Reixa, presidente do CLAG, é importante procurar unha boa
sintonÃa entre as compañÃas que traballan neste eido na nosa terra,
malia a súa heteroxeneidade.
O obxectivo desta unión de
forzas, alén da consecución da marca é compensar a escaseza de peso
que ten a industria galega no eido internacional con especialización
e prestixio, sen deixar de lado a participación activa para obter recoñecementos
en festivais. Cómpre sinalar que o sector galego ten importantes valores
en alza, e sobre todo no eido da animación, tal e como se reflicte
no informe presentado polo Clúster. Nel tamén se achegan datos sobre
o volume de negocio e os postos de traballo xerados: o sector factura
cada ano xa uns 200 millóns de euros, dando emprego a unhas 3.000 persoas.
