O CLAG organiza en xuño un curso sobre escenarios virtuais
venres, 29 de maio do 2015
O Cluster Audiovisual
Galego (CLAG) vén de abrir o prazo para profesionais do sector que
os introduce directamente nos recursos máis avanzados para dar forma
a todo tipo de localizacións a partir das novas tecnoloxías. Ou
sexa, para situar aos personaxes dunha serie, dunha curta, dun
programa de TV ou dunha longametraxe en espazos (baseados en
contornas reais ou inventados) que por métodos tradicionais non
serían accesibles. O curso Dirección,
deseño e execución de escenarios virtuais para ficción-cinema
celebrarase no mes de xuño en Santiago.
En palabras do CLAG,
búscase con esta actividade “formar aos profesionais do
audiovisual galego en tecnoloxías innovadoras que permitan a
creación de escenarios virtuais a través do uso de técnicas de
croma”. O prazo para enviar as solicitudes cérrase o vindeiro 5 de
xuño.
Entre
os obxectivos deste curso está “a mellora
da capacitación do capital humano das empresas do sector
a través da formación nunha tecnoloxía
innovadora que
permitirá aos profesionais mellorar a súa competitividade e
adaptarse aos cambios que se
poidan producir na industria audiovisual”.
Dirixido a profesionais
do sector audiovisual en activo pertencentes a empresas galegas ou
que teñan o seu centro de actividade en Galicia. Este curso, de 32
horas de duración, celebrarase os días 18,
25 e 26 de xuño,
na sede do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA),
en Santiago, e o día 19
de xuño na sede da
empresa Ficción</strong,
no Milladoiro (Ames), en horario de 9.30 a 14.30 horas e de 15.30 a
18.30 horas.
O curso será impartido
por profesionais da empresa
Leonard Blum, estudio de publicidade con sede en Barcelona,
especializado en técnicas de retoque avanzadas, cinema e efectos
especiais.
