O COI non quixo que Mario e Sonic seguisen a competir nos Xogos
martes, 30 de xullo do 2024
Mentres se celebran os Xogos OlÃmpicos de ParÃs hai moitos amantes dos videoxogos que se estaban a preguntar onde estaba a entrega de rigor de Mario & Sonic en los Juegos OlÃmpicos, serie que chegou ás consolas de Nintendo de cara aos Xogos de PequÃn, Londres, RÃo e Tokio (xunto coas versións de inverno de Vancouver e Sochi), pero que finalmente non contou con versión de ParÃs, de xeito que a derradeira entrega serÃa a de Tokio 2020 para Nintendo Switch.
Que pasou con esta serie de xogos? Pois resulta que o Comité OlÃmpico Internacional decidiu rematar a súa alianza con Nintendo e Sega e explorar acordos con novos socios, cos eSports e incluso cos NFT. Deste xeito agora podemos atopar xogos como Olympics Go! Paris 2024, con versións para Android, iOS e PC, que permite competir en 12 deportes e coleccionar NFT, aposta que non parece ter saÃdo especialmente ben, xa que este xogo non conseguiu ningunha relevancia, e probablemente se perciba como unha iniciativa pouco acorde co espÃrito olÃmpico (dada a mala sona coa que contan actualmente os NFT).