O CPEIG e AMTEGA volven xuntar forzas para facer avanzar a formación STEM
venres, 21 de febreiro do 2020
O
presidente do
Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia
(CPEIG), Fernándo Suárez, e a directora da Axencia para a
Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira,
renovaron este novo ano a cooperación que veñen mantendo nos últ,
un traballo conxunto moi divulgativo e especialmente centrado en
mostrar as importantes vantaxes das TIC entre as novas xeracións,
poñendo o foco nas súas vertentes máis seguras e construtivas e
botando abaixo muros de desigualdade. A renovación formalizouse coa
sinatura dun acordo con tres liñas de actuación para desenvolver ao
longo deste ano, centradas na realización de actuacións de
formación, capacitación e promoción no ámbito das Tecnoloxías da
Información (TI) en Galicia.
O
convenio, enmarcado dentro da Axenda Dixital de Galicia 2020, recolle
a realización de actividades e accións de difusión da Sociedade
Dixital de Galicia, a celebración da terceira edición do Programa
Tech Kids e xornadas formativas para traballadores dos sectores TIC e
de administración e servizos.
40
xornadas de Tech Kids
Para
fomentar as vocacións STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e
Matemáticas) entre a mocidade galega, o CPEIG organizará en 2020 un
mínimo de 40 xornadas Tech Kids, programa que forma parte do Plan
Digitalent da devandita axencia autonómica.. As sesións
celebraranse en diferentes localidades da xeografía galega con
diferentes obradoiros temáticos dirixidos á franxa de idade de 10 a
16 anos. Os rapaces e rapazas que participen poderán achegarse “dun
xeito lúdico” ao desenvolvemento de aplicacións para dispositivos
móbiles, ao deseño de videoxogos, á creación de contidos
dixitais, á programación de drons ou á robótica.
En
termos máis concretos, poderán resolver desafíos científicos da
actualidade, aplicar conceptos de matemáticas, ciencia e tecnoloxía
na vida real e potenciar “habilidades e competencias como o
traballo en equipo, a resolución de problemas e a comunicación, e
participarán en torneos e celebracións en formato deportivo”,
informaron o CPEIG e máis AMTEGA, engadindo que amais do devandito,
tamén está prevista media ducia de cursos orientados á
especialización de ata 300 profesionais do ámbito TIC, que
combinarán a modalidade semipresencial e de teleformación para
facilitar a participación. As actuacións previstas polo CPEIG
completaranse con actividades de difusión para profesionais,
organismos e empresas do sector TIC galego en temas de investigación,
tendencias de mercado e innovación para poñer en valor o papel
fundamental das TIC no camiño cara á mellora económica de Galicia.
A AMTEGA achegará ao CPEIG 65.000 euros para o desenvolvemento
destas actividades.