O CPETIG renova a colaboración co DES-Digital Enterpise Show 2026
luns, 2 de marzo do 2026
O Colexio Profesional de EnxeñarÃa Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) vén de renovar a colaboración con DES-Digital Enterpise Show 2026, organizadores do principal evento internacional B2B sobre intelixencia artificial (IA) e tecnoloxÃas exponenciais para a transformación empresarial e estratexias de crecemento de negocios.
A décima edición deste congreso terá lugar en Málaga (no Palacio de Ferias y Congresos, FYCMA) do 9 ao 11 de xuño, e nel vanse dar cita lÃderes empresariais e expertas/os en tecnoloxÃa e administracións públicas para analizar o impacto da dixitalización nos modelos de negocio (e tamén para compartir coñecementos, explorar solucións disruptivas e impulsar o cambio a través da tecnoloxÃa, a IA e a dixitalización).
O foco principal será a Intelixencia Artificial (IA), xunto con outras áreas como a ciberseguridade, a computación na nube e o comercio electrónico.
Espéranse máis de 15.000 directivos e a participación de 500 expertos internacionais.
O programa inclúe o Digital Business World Congress, zonas de exposición para máis de 400 empresas e amplos espazos de networking para fomentar a colaboración.
