O Clúster TIC organiza un obradoiro sobre oportunidades IA para as nosas empresas

mércores, 6 de maio do 2026 S. P.

O Clúster TIC Galicia vén de lanzar un obradoiro centrado na IA e na colaboración con organismos de I+D+i do territorio galego que busca axudar ás empresas TIC a identificar oportunidades reais de desenvolver aplicacións e tecnoloxías de IA, facilitando o acceso a capacidades tecnolóxicas avanzadas e impulsando a xeración de proxectos colaborativos con potencial de financiamento público.
O programa do obradoiro estrutúrase en tres sesións:
-O 12 de maio celebrarase unha sesión en liña e en clave de networking sobre as nosas capacidades en materia de desenvolvemento de intelixencia artificial. “Trátase de coñecer de primeira man as potencialidades en IA de centros galegos como atlanTTic, CESGA, CITIC, CiTIUS, Gradiant e ITG, e identificar posibles colaboracións”, explica o Clúster TIC Galicia.
-O 22 de maio a Cidade da Cultura acollerá a sesión Ideación de retos e proxectos de IA. O obxectivo é “traballar en dinámicas grupais para definir retos reais e explorar oportunidades de desenvolvemento conxunto”, informou o Clúster.
-O 28 de maio achégase en formato híbrido a sesión Preparación de propostas cooperativas. O obxectivo é deseñar proxectos orientados para ás próximas convocatorias, como as misións do CDTI e os programas cooperativos vinculados a tecnoloxías STEP (Strategic Technologies for Europe Platform), xestionados pola axencia GAIN, cun enfoque práctico e aplicable a curto prazo.
A participación no itinerario completo permitirá identificar oportunidades de aplicación da IA no noso negocio, conectar con centros de investigación e tecnolóxicos e outras empresas do sector, xerar ideas de proxectos colaborativos e acceder a oportunidades de financiamento para innovación.
As prazas son limitadas e é preciso a implicación e participación nas 3 sesións con inscrición previa, a través do formulario habilitado.