O Consello de Ministros adxudica 6 licenzas estatais de TDT
venres, 16 de outubro do 2015
O Plan Técnico Nacional da TDT, aprobado en setembro de
2014, contemplaba capacidade dispoñible para novas canles de TDT de cobertura
estatal. En consecuencia, de acordo co previsto na Lei Xeral da Comunicación
Audiovisual do 31 de marzo de 2010, o pasado mes de abril o Consello de
Ministros aprobou o prego de bases do concurso das novas licenzas e procedeu á
súa convocatoria. Unha vez concluÃdo o traballo de análise e avaliación das
ofertas presentadas por parte da Mesa Técnica de Avaliación hoxe procédese á adxudicación
de seis licencias de televisión, en réxime de emisión en aberto de cobertura
estatal. Cada licenza permitirá explotar unha canle de televisión.
Adxudicatarios

- O ministro de Industria, EnerxÃa e Turismo deu conta da adxudicación das 6 novas canles de TDT
AsÃ, por unha banda, adxudÃcanse tres licencias para a
emisión dunha canle en alta definición a Real Madrid Club de Fútbol, Atresmedia
Corporación Medios de Comunicación, S.A. e Mediaset España, S.A.,
respectivamente. Doutra banda, adxudÃcanse tres licencias para a emisión unha
canle en calidade estándar a 13 TV, S.A., Radio Blanca, S.A. e Central
Broadcaster Media, S.L.U., respectivamente.
De acordo co estipulado no Prego do concurso, no caso das
canles en calidade estándar valoráronse, fundamentalmente, os aspectos
relativos a mellora do pluralismo e da expresión libre de ideas e correntes de
opinión, mentres que no caso das canles en alta definición valorouse a oferta
dunha programación que conteña contidos de alta calidade de imaxe e son e a oferta
de servizos innovadores.
Sen antenización adicional
O proceso de liberación do dividendo dixital, que finalizou con éxito o pasado 31 de marzo, permitiu que as instalacións estean xa adaptadas, de forma que os cidadáns poderán recibir estes seis novos canles sen necesidade de facer ningunha actuación adicional nos seus equipos e antenas, e soamente terán que sintonizalos co mando a distancia do seu televisor.
Emisións no prazo máximo de seis meses
De acordo coas condicións do concurso, as novas canles deberán comezar as emisións no prazo máximo de seis meses desde o outorgamento da licenza e deberán ofrecer unha cobertura polo menos ao 96% da poboación.
