O Firefox chega ao 20% de cota de mercado
mércores, 5 de novembro do 2008

- Durante o pasado mes o Firefox superarÃa durante 2 semanas o 20% de usuarios de páxinas web
O navegador web
de Mozilla leva anos medrando en penetración, e dende
Net Applications sosteñen que por fin chegou a ocupar o 20% do mercado mundial
de navegadores, quedando aÃnda moi lonxe do 72% que ostenta o
Internet Explorer, pero chegando a un nivel no que non se pode desprezar, de
xeito que os creadores de páxinas web que se aferren só á tecnoloxÃa de
Microsoft deberÃan repensar a súa filosofÃa de traballo, pois estarÃan a
ignorar a un grupo de usuarios emerxente que chega a uns niveis máis que
considerables.
O terceiro navegador en uso serÃa o Safari con preto do 7% (incluÃndo o tráfico
dende o iPhone e pese a que os Mac xa ocupen o 8,2% da navegación web, polo que
poderiamos deducir que hai moitos maqueiros
usando Firefox), mentres que tanto o Opera coma o Google Chrome non chegarÃan
nin ao 1% cada un, polo que non parece que os usuarios se animen a abandonar os
seus navegadores (por moito que Google estea detrás dunha destas aplicacións).
