O Football Manager renova a súa marca este ano
luns, 6 de agosto do 2018
Sports Interactive e SEGA anuncian hoxe que o lanzamento do agardado
xogo Football
Manager 2019 terá lugar o 2 de novembro, aproveitando esta franquÃa
para renovar a súa marca, dicindo adeus ao Manager
Man que ocupaba as súas portadas dende o Football Manager 2005, para amosar o campo de fútbol dende o punto
de vista dun manager mentres cruza o
túnel de vestiarios para un grande partido.
O xogo tamén conta con logotipos redeseñados, moitas caracterÃsticas novas e
melloradas e a implementación da licenza da DFL Bundesliga por primeira vez na
serie que promete avanzar no seu realismo. Este tÃtulo permitirá percorrer os
50 paÃses máis futboleiros do mundo, prosperar con calquera dos 2.500 mellores
clubs e mesmo buscar entre un catálogo de máis de 500.000 xogadores e persoal
reais (de feito, o xogo conta coa licenza completa de 26 ligas).
Football Manager 2019 xa está dispoñible
en reserva para PC e Mac a través de Steam cun 10% de desconto (deixando o
seu prezo de 49,49 euros), aÃnda que cómpre destacar que tamén haberá un Football Manager 2019 Mobile (para iOS e
Android) que sairá simultaneamente e permitirá asà gozar desta experiencia de
simulación en calquera momento e lugar.
VÃdeo de presentación do Football Manager 2019
