O Full Throttle de LucasArts estrea versión remasterizada para iOS

luns, 24 de xullo do 2017 Marcus Fernández

No mes de abril Steam, a Humble Store, GOG e a PlayStation Store recibiron unha edición remasterizada de Full Throttle, unha aventura gráfica de Tim Schafer publicada orixinalmente por LucasArts en 1995, que conta a historia de Ben Throttle, o líder dunha banda de moteiros enredado nunha trama de motos e morte. O xogo restaurouse con imaxes de alta resolución deseñadas a man (adaptándose tamén a súa relación de aspecto de 4:3 a 16:9) e contando con música e son mellorados, permitindo que o xogador poida saltar entre a aparencia clásica e a renovada.
Pero este xogo non quixo limitarse a ordenadores persoais e consolas PS4 e PS Vita, e estes días a App Store recibiu Full Throttle Remastered, unha versión deste xogo de Double Fine compatible con iPhone e IPad, facendo así que non só se recupere todo un clásico, senón tamén que poida xogarse comodamente en mobilidade. Amais, esta versión do xogo ten un prezo de só 5,49 euros, mentres que as versión lanzadas en abril custan 14,99 euros.

Comparación entre os gráficos orixinal do xogo e os da súa versión remasterizada

Tráiler de Full Throttle Remastered

PUBLICIDADE