O GTA IV podería permitir a participación de ata 16 xogadores simultáneos

mércores, 17 de outubro do 2007 Marcus Fernández

Os problemas coa censura non parecen ser os únicos motivos da demora do lanzamento dos últimos xogos de Rockstar, senón que o Grand Theft Auto IV podería achegar un novo sistema de xogo que permitiría ata a 16 persoas enfrontarse no mundo virtual do xogo, o que sería un engadido moi interesante a esta saga de grande éxito comercial (en boa medida promovido polas críticas dos medios e a consideran demasiado violenta).
Parece que os desenvolvedores están a probar distintos xeitos que permitan achegar innovacións a esta última entrega, que podería ter todo o seu mundo aberto dende o principio da partida, incrementando a liberdade do xogador. A compañía tamén busca un xeito de cadrar o xogo multiusuario para que non se limite a un modo todos contra todos.

PUBLICIDADE