O GTA IV superou os 500 millóns de dólares en vendas durante a súa primeira semana

xoves, 8 de maio do 2008 Marcus Fernández

O Grand Theft Auto IV está a satisfacer todas as expectativas, e o seu lanzamento xa se converte nun dos máis fortes da historia superando os 500 millóns de dólares na súa primeira semana grazas a que colocou uns 6 millóns de copias, superando con bastante marxe ao lanzamento de Halo 3 (que xuntara nun primeiro momento 300 millóns de dólares) e quedando á par da estrea da última películas de Piratas del Caribe (que tamén superou os 500 millóns de dólares nos seus primeiros días de explotación).
Hai que considerar que un dos factores que fai que o resultado sexa tan bo visto en dólares é que o GTA IV está a venderse moi ben en Europa (e o cambio euro-dólar propicia uns maiores ingresos), pero é innegable que se trata do lanzamento máis forte na historia do lecer interactivo.

PUBLICIDADE