O Goberno estrea un chatbot de WhatsApp con información sobre a COVID-19

mércores, 8 de abril do 2020 Marcus Fernández

Para achegar información oficial á cidadanía, e seguindo os pasos da OMS e outras organizacións, o Goberno estreou o asistente conversacional Hispabot-Covid19, que a través de WhatsApp responde de xeito automático as preguntas que faga a cidadanía, para o que válese dun sistema baseado en intelixencia artificial que extrae as súas respostas de información oficial actualizada coa vantaxe de que este chatbot responde automaticamente durante as 24 horas do día.
Para poder conversas con este novo chatbot temos que engadir á axenda do noso móbil o número de teléfono +34 600 802 802, que é dende o que podemos expor as nosas dúbidas para recibir resposta ao instante.
Esta ferramenta desenvolvida para o Ministerio de Sanidade e impulsada pola Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial adscrita ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital probouse con máis de 200 preguntas formuladas de mil xeitos diferentes, e achega dende as cifras actuais sobre a COVID-19 até información sobre síntomas da enfermidade achegada polo Ministerio de Sanidade. Deste xeito búscase reducir a presión sobre as liñas de atención telefónica sanitarias.

O chatbot subministra información oficial a través de WhatsApp

PUBLICIDADE