O Goberno impulsará a renovación da web do MUNCYT

mércores, 18 de maio do 2022 S. P.

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, anunciou este mércores 18 de maio a renovación de dúas salas do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) para que este “continúe á vangarda dos museos científicos en España”. Explicouno durante unha visita ao centro con motivo do Día Internacional dos Museos. A renovación incluirá (entre outras cousas) unha remodelación da páxina web.
María Rivas, acompañada pola responsábel do museo, María Viñas, destacou que “o primeiro museo nacional situado en Galicia é o vivo exemplo do espírito deste Goberno”, tanto “pola colaboración e a cooperación entre administracións, en concreto co Concello e a Deputación, como pola aposta decidida pola ciencia”. E engadiu: “Foron 10 anos moi frutíferos. Máis de 400.000 persoas cruzaron estas portas. Son unha media de 50.000 ao ano. Temos que engadirlles as visitas virtuais, que son máis recentes pero que nos dous últimos exercicios superaron as 150.000 persoas”, subliñou.
Segundo dixo, o Plan de Actuación do MUNCYT para 2022 e 2023 inclúe varios elementos clave, entre os que se atopa a renovación das salas Misceláne e Iberia, a conservación da Quimera (a máquina de ferrocarril que está na entrada) e a renovación da páxina web do MUNCYT (para mellorar a experiencia dos visitantes virtuais).

PUBLICIDADE