O Goberno oferta 6 novas licenzas de TDT
venres, 17 de abril do 2015
O Consello de Ministros aprobou
hoxe o prego de bases do concurso público para a adxudicación, mediante réxime
de concorrencia, de seis licenzas para a explotación, en réxime de emisión
en aberto, do servizo de comunicación audiovisual televisiva mediante ondas
hertzianas terrestres de cobertura estatal. Ademais, convócase o correspondente
concurso para a adxudicación.
Asà pois, convócase un concurso público para a adxudicación, en réxime de
concorrencia, de seis licenzas de televisión en réxime de emisión en aberto de
cobertura estatal. Cada licenza permitirá explotar unha canle de televisión e
ofértanse tres canles en alta definición (HD) e tres canles en calidade
estándar (SD). Cada licitador poderá optar ata un máximo de dúas licenzas: unha
licenza para a explotación dunha canle en alta definición e unha licenza para a
explotación dunha canle en calidade estándar.
No caso das canles en calidade estándar, valoraranse, fundamentalmente, os
aspectos relativos á expresión libre e pluralista de ideas e correntes de
opinión, mentres que no caso das canles en alta definición se valorará a oferta
dunha programación que conteña contidos de alta calidade.
Entre os obxectivos do concurso encóntrase fomentar o desenvolvemento de
servizos dixitais avanzados como o acceso multi-plataforma dos contidos
audiovisuais en Internet, a creación de servizos e aplicacións innovadoras
dirixidas aos cidadáns e a posta en marcha de plans de impulso da aprendizaxe
de idiomas dirixidos a menores e/ou novos.
Adicionalmente, o concurso pretende dar un impulso á alta definición en España,
posto que os prestadores aos que se lles adxudique as licenzas en alta
definición disporán da capacidade técnica suficiente para poder ofrecer
contidos en alta calidade de imaxe e son.
O esforzo realizado no proceso de liberación do dividendo dixital, que
finalizou con éxito o pasado 31 de marzo, permitiu que as instalacións quedasen
adaptadas, de forma que os cidadáns poderán recibir estas seis novas canles sen
necesidade de facer ningunha actuación adicional nos seus equipos e antenas.
As ofertas deberán presentarse antes do 28 de maio de 2015 e a resolución do
concurso por parte do Consello de Ministros producirase nun prazo máximo de
seis meses a contar dende a data de publicación do concurso en BOE. Todo iso
producirase de acordo aos prazos que fixa a normativa en vigor.
Coa convocatoria deste concurso o Goberno pretende mellorar a oferta de
contidos audiovisuais en aberto e gratuÃta para os cidadáns, ademais de
impulsar a posta en marcha de proxectos innovadores na TDT.
