O Goberno reabre a porta á TDT de pago en España

mércores, 8 de abril do 2009 Marcus Fernández

Este mércores, pese a estar en plena Semana Santa e en plena toma de posesións de varios ministros, o Goberno aprobou que os operadores de televisión privada de ámbito estatal que o consideren oportuno poidan solicitar ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio a modificación da súa concesión de televisión para poder prestar o servizo de TDT de pago, o que pretendería servir como nova canle de financiamento ante a crise publicitaria, e para compensar o elevado custo dalgunhas retransmisións deportivas.
Esta cambio normativo resulta moi polémico por distintos factores, coma o feito de que parece estar a atender ás presións dun grupo mediático en vez a unha necesidade real do sector, así como pola falta de receptores de TDT no mercado que permitan o acceso condicional a servizos de pago, o que fará que non vexamos canles de pago a curto/medio prazo.