O Hulk vermello estará dispoñible nunha versión exclusiva do xogo para Xbox 360
luns, 12 de maio do 2008

- Imaxe da exclusiva versión de The Incredible Hulk vendida por GameSpot
Coa pelÃcula estival chegará ás tendas de
videoxogos un novo
tÃtulo de Hulk do que xa falamos hai un par de meses, e que está a sorprender
por unha orixinal edición especial que se vende en
exclusiva a través da tenda en liña GameStop por 59,99 dólares
(38,83 euros) e que permite empregar unha versión vermella de Hulk dende un
principio (non se trata dun contido desbloqueable), aÃnda que tal
caracterÃstica só estará accesible para os usuarios de Xbox 360.
Hai que destacar que na pelÃcula Hulk é un personaxe verde, e na súa versión en
banda deseñada tamén existiu unha versión gris do monstro gamma, pero a cor
vermella corresponde a outro personaxe que está a aparecer dende hai 3 meses na
serie regular norteamericana (e que é todo un misterio, pois non se coñece a
súa identidade secreta) polo que co cambio de cor do personaxe do videoxogo se
estarÃa a facer un xesto aos seguidores do cómic.
Dende GameSpot aseguran que o Hulk vermello non é só un cambio de cor do
personaxe principal do xogo, senón que ten un deseño de seu, desenvolvido
baseándose no novo personaxe aparecido nos comics.
Descoñecemos se será posible que esta versión chegue a Europa a través doutra canle de distribución, pois aÃnda que sexa posible mercar o xogo dende España (pagando uns portes de 25,99 dólares) a versión comercializada é NTSC (o formato de vÃdeo americano, e incompatible co sistema europeo, PAL).

