O IES RosalÃa de Castro volve convocar o Premio Stephen Hawkins
xoves, 9 de abril do 2026
Espallar a cultura cientÃfica e estimular a vocación investigadora entre o alumnado de Bacharelato é o obxectivo que se marca o Premio Stephen Hawking, que xa vai pola súa oitava edición. Detrás deste certame atopamos ao IES Plurilingüe RosalÃa de Castro de Santiago de Compostela, coa colaboración da Xunta a través da ConsellerÃa de Educación, Ciencia e Universidades e o apoio de entidades como FINSA, Ternera Gallega e Feiraco.
Cómpre salientar que o concurso rexistrou desta volta a participación de 58 traballos procedentes dun total de 17 centros de ensino. O Premio Stephen Hawking está aberto a centros galegos de ensino e centros estatais implicados no programa de Bacharelato Internacional. Este ano concorre o alumnado de institutos de once concellos galegos: Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, Nigrán, Brión, Baiona, Cedeira, Oleiros, Monforte, e Moaña) e catro de fóra de Galicia (Madrid, Tudela, Barcelona e Soria).
Indo ao certame, sinalar que se divide en catro eidos: BioloxÃa, XeoloxÃa e Ciencias Ambientais, áreas na que se inclúen 16 dos 58 traballos presentados; FÃsica e QuÃmica, materias ás que se circunscriben 15 proxectos; Matemáticas e Ciencias da Computación, ámbitos aos que pertencen 11 propostas, e Ciencias Sociais, Humanidades e Artes, eidos de coñecemento sobre os que versan os 16 restantes.

- Mar Capeáns, coordinadora desta VIII edición
Informar que a coordinadora desta edición é a fÃsica Mar Capeáns Garrido (Santiago de Compostela, 1967), directora de Operacións do CERN. O lema escollido é: ConstruÃndo futuro, polo que presentaron investigacións arredor das ideas que suxire este lema, asà como tamén sobre a figura de Capeáns e as súas achegas á area da FÃsica de partÃculas.
O venres 17 de abril, celebrarase no IES Plurilingüe RosalÃa de Castro a xornada de exposición pública e entrega. A actividade principiará ás 9 horas coa recepción do alumnado asinante dos 58 traballos participantes que, ao longo da mañá, presentarán as súas propostas diante dos tribunais, presididos pola xa citada Mar Capeáns e conformados por persoas procedentes das catro esferas académicas anteriormente sinaladas e con tres perfÃs diferentes: profesores universitarios, profesores de instituto e ex alumnas/os dos institutos participantes. Xa pola tarde, ás 18 horas, procederase a facer público o fallo do tribunal e a entrega do galardón nun acto aberto que se celebrará no Auditorio do IES RosalÃa de Castro.
Indo aos premios: 1000 euros para o traballo que gañe o Premio Stephen Hawking de Investigación CientÃfica e Divulgación, que resultará elixido entre os mellores traballos de cada ámbito temático. Outros 2000 euros a repartir en catro galardóns aos mellores traballos por eido temático. Por último, 1600 euros serán distribuÃdos entre as Mencións de Honra que o tribunal decida conceder aos traballos máis salientables.
