O MARCO de Vigo acollerá unha charla impartida polo de CEO de Dathum, referente en IA

luns, 23 de marzo do 2026 S. P.

Dar coas claves de como a análise preditiva de datos pode ser crucial para xestionar o talento e os procesos de selección nas organizacións será o eixo da charla que terá lugar en Vigo da man de Roberto Rodríguez, CEO de Dathum, empresa (con sede en Madrid) líder en España en aplicación de ferramentas de IA e recursos humanos. Cómpre subliñar que detrás desta xornada esta a empresa viguesa Esterea con motivo do seu 15 aniversario.
Indo á charla, baixo o título de: O valor humano en tempos de IA, o vindeiro 26 de marzo o museo MARCO (Museo de Arte Contemporánea de Vigo) acollerá a Roberto Rodríguez e a outros profesionais en comunicación dixital e innovación como: Jorge Pallarés (exCMO de Pizza Móbil e Adegas Martín Códax), Betty Lepina (interim manager CDO de Coosy), José Iglesias (cofundador de Hawkings Education), Luis Álvarez Sestelo (CEO e cofundador de Optare Solutions), Amil López (de Dieta Coherente e Farmaciavieitez.com) e Vanesa Rivas (de Festigaleiros.com).
Engadir que Esterea, empresa viguesa que cumpre 15 anos, lanza Impulsa Vigo, unha convocatoria aberta dirixida a ideas, proxectos e iniciativas vinculadas á cidade que se atopen en fase inicial e que aínda non conten con presenza dixital. A acción enmárcase na celebración do 15 aniversario da axencia e nace cun obxectivo claro: apoiar un proxecto innovador de Vigo para que poida dar o salto á contorna dixital cunha base sólida e acompañamento profesional durante o seu primeiro ano.
Informar que a convocatoria está aberta a calquera persoa ou equipo que teña base en Vigo ou manteña unha vinculación directa coa cidade, sempre que o proxecto presentado non dispoña aínda de páxina web. O prazo para enviar candidaturas permanecerá aberto ata o 23 de marzo ás 23.59 horas, a través do formulario habilitado por Esterea. De entre todas as candidaturas presentadas, un xurado profesional seleccionará tres propostas con potencial de crecemento. O proxecto gañador anunciarase o 26 de marzo, a partir das 18 horas no MARCO, durante unha xornada sobre comunicación dixital e innovación, organizada por Esterea. O premio inclúe o deseño e desenvolvemento dunha web ou ecommerce a medida, o rexistro de dominio e aloxamento durante o primeiro ano e unha estratexia de mercadotecnia dixital con seguimento durante doce meses, que combinará definición estratéxica, posta en marcha e titorías mensuais de acompañamento.