O Microsoft Flight será de balde en primavera

xoves, 5 de xaneiro do 2012 Marcus Fernández

Microsoft vén de anunciar que na vindeira primavera vai ser posible descargar de balde o seu Microsoft Flight, popular simulador aéreo que permitirá gozar durante horas voando sobre a grande illa de Hawai. Amais, os usuarios que fagan uso dunha conta en Games for Wndows – LIVE poderán recibir de balde contido adicional coma o lendario avión Boeing Stearman, novas misións e acceso a logros e un perfil de piloto en liña.
Os usuarios que queiran gozar dunha experiencia mellor tamén poderán pagar por contidos adicionais, de xeito que estariamos nun salto ao free-to-play, que é unha tendencia en alta.


Demostración en vídeo do que achegará o Microsoft Flight en primavera

O Microsoft Flight é un simulador que coida os detalles de cada avión
Desta volta o simulador aéreo de Microsoft opta polo free-to-play

PUBLICIDADE