O Ministerio de Cultura iniciou unha campaña contra a piratería audiovisual
martes, 19 de decembro do 2006
Na Internet está a causar moito rebumbio a nova
campaña do Ministerio de Cultura, que contará con 2.889.000
euros para loitar contra a piratería, de xeito que se emitirán anuncios en
cines, DVD, televisións, radios e mesmos banners
na Internet. Incluso se complementará con mencións ó tema en programas e series
de televisión.

- A mascota Cinecito manifestándose contra a piratería
Baixo o lema “contra a piratería, defende
a túa cultura” estase a incidir nos aspectos ilícitos e antisociais da
difusión de música, cine ou libros sen respectar os dereitos de autor,
pretendendo concienciar sobre a permisividade a tal respecto, nun momento no
que se estima que o
volume de vendas no coñecido coma top
manda superou os 41 millóns de euros.
Para destacar a problemática da piratería centos de manifestantes se xuntaron
en Madrid a pasada semana cortando durante 25 minutos o Paseo da Castellana
(fronte ó Ministerio de Industria, Turismo e Comercio) para instar
ó Goberno a tomar medidas urxentes, pois consideran que non se está a
loitar contra esta lacra e non ven suficientes as campañas de concienciación
(cando contra o top manta é preciso
tomar medidas policiais).
Antena 3 cubriu a manifestación:
