O Monopoly chega ao iPod

mércores, 4 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Electronic Arts leva as pantallas dos iPod nano (3G e posteriores), iPod classic e iPod (5G) o clásico xogo de mesa Monopoly, que se pode adquirir xa na iTunes Store por 4,99 euros. Tirar dados, vender e cambiar propiedades, construír casas e hoteis e, en definitiva, amasar unha fortuna virtual no iPod, nun xogo no que poden participar entre 1 e 4 xogadores.
Este novo título conserva os elementos clásicos do xogo, ten uns controis intuitivos coa roda do iPod, presenta elegantes efectos e animacións, así como música e sons que animan as partidas e incluso se pode axustar o seu nivel de dificultade.

PUBLICIDADE