O Nadal chega con dous meses de antelación ós comercios virtuais
xoves, 5 de outubro do 2006
Co outono acabado de estrear e cando moitos galegos e galegas aÃnda non desfixeron as maletas da viaxe das vacacións de verán (e cunha longa listaxe de despreocupados que nin sequera as temos preparadas para saÃrmos no primeiro voo cara ás illas afortunadas na procura dos últimos raios de sol do ano); os comerciantes e empresarios on line xa están a preparar as súas campañas de Nadal.
En concreto, este ano 2006 os comerciantes dos Estados Unidos comezarán as promocións das vendas por Internet ata dous meses antes da data sinalada como comezo do Nadal. Segundo unha enquisa levada a cabo por eHoliday Mood Survey de Shop.rog e BizRate Reseach para Shopzilla, preto dun 40% dos comerciantes teñen pensado abrir a campaña de vendas destas festividades antes có ano pasado e, máis polo miúdo, un 62% asegura que comezarán as actividades propias destas datas antes do 5 de novembro.
Un dos motivos que levan ós negocios a adiantar as promocións das vendas en liña do Nadal nace da caÃda na actividade na Rede nos dÃas previos ás grandes celebracións, sobre todo por medo a que os agasallos non cheguen a tempo ós seus afortunados.
De acordo coa devandita enquisa, as expectativas para a campaña deste ano semellan boas, e as vendas, que normalmente supoñen entre un 5 e un 8% do total, aumentarán preto dun 5% nas vindeiras festas, o que suporá unha inversión de 359.180 millóns de euros. Este forte pulo do comercio en liña tamén é debido, en gran medida, ó custo cero dos gastos de envÃo que están a levar a cabo un 83% dos minoristas: un factor que os compradores consideran como un dos máis importantes á hora de mercar en Internet.
