O Nexus 7 sairá á venda en España en setembro por 199 euros
martes, 3 de xullo do 2012
No
Google I/O a compañÃa de Mountain View anunciou que Ãa
pór á venda un tablet con pantalla de 7 polgadas, fabricado por Asustek,
que levarÃa por nome Nexus 7, e
que venderÃase nos EE.UU. por 199 dólares no modelo con 8 Gb de capacidade e
por 249 con 8 Gb de almacenamento interno; confirmándose que a mediados de
xullo estarÃa tamén dispoñible no Reino Unido a partir de 159 libras
esterlinas. Pero agora tamén sabemos que no mes de setembro vai pórse á venda
en España por 199 euros no modelo de 8 Gb e 249 euros no de 16 Gb, incluÃndo
nestes prezos un crédito de 25 euros para gastar en Google Play, co que buscan
que os usuarios se inicien na compra de aplicacións, libros e pelÃculas.
Estamos ante un tablet moi atractivo, que Google decidiu vender a prezo de
custo para conseguir colocar no mercado de xeito masivo un dispositivo destas
caracterÃsticas que poderÃan supor un importante pulo para os tablets con
Android (de xeito que os desenvolvedores non se centrarÃan tanto no iPad) e
cunha perspectiva internacional que actualmente aÃnda non ten o Kindle Fire (o
primeiro tablet realmente popular con Android, que non está dispoñible dende
España, e que terÃa difÃcil o seu desembarco coas súas caracterÃsticas actuais
de contar cun competidor moi superior en prestacións).
No que a caracterÃsticas técnicas se refire, o Nexus 7 conta cunha pantalla de
7 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 pÃxeles (superando en resolución á
meirande parte dos tablets deste tamaño que hai no mercado, facilitando a
reprodución de contidos en alta definición), funciona cun potente procesador
nVIDIA Tegra 3 (que emprega 4 núcleos para operacións intensivas e só 1 núcleo
cando busca mellorar a súa autonomÃa), é o primeiro tablet en chegar ao mercado
con Android 4.1, conta con 1 Gb de RAM, Wi-Fi N, Bluetooth, NFC, micro USB,
GPS, cámara para videoconferencia de 1,2 MpÃxeles, un peso de 340 gramos e unha
autonomÃa de 8 horas de reprodución de vÃdeo en alta definición e de 10 horas
de navegación web.