O Plan de teleformación en lingua galega da Xunta estreará este ano o curso do Celga 4
martes, 6 de febreiro do 2018
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Resolución do 25
de xaneiro de 2018, da SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica, pola que se
anuncia a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para
obter, con carácter voluntario e gratuÃto, os certificados de lingua galega
Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (ED104B), o que supón a estrea
este ano do curso preparatorio das probas de acreditación do Celga no seu nivel
4, o máis alto que se pode obter por medio desta vÃa.
A convocatoria, que xa está dispoñible no Portal da
Lingua Galega, ofrece un total de 35 cursos, dos cales se impartirán 25
baixo a modalidade presencial (en 18 localidades galegas) e 10 baixo a
modalidade en liña (3 do Celga 1 e 7 do Celga 4, destinados tanto a persoas con
residencia en Galicia coma no exterior). O prazo de presentación de solicitudes
abrangue desde mañá dÃa 7 ata o 26 do presente mes. No caso dos 10 cursos de
teleformación a inscrición debe facerse exclusivamente a través da sede
electrónica da Xunta de Galicia, no que tamén estarán á disposición da
cidadanÃa os formularios de solicitude dos cursos presenciais.
As localidades de realización destes últimos, susceptibles
de modificacións en función da demanda efectiva, serán A Coruña, A Estrada,
Betanzos, Carballo, Culleredo, Ferrol, Lugo, MarÃn, O Carballiño, Ourense,
Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Ribadeo, Santiago de Compostela, Sarria,
Vigo e VilagarcÃa de Arousa. As datas de desenvolvemento serán,
simultaneamente, do 3 de abril ao 23/24 de maio.
O novo curso preparatorio do Celga 4 súmase ao xa existente do
Celga 1, mentres que a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica traballa xa no
deseño dos dous cursos preparatorios dos niveis 2 e 3 en liña, que completarán
a oferta de teleformación destinada a que as persoas maiores de 16 anos, que
asà o queiran ou necesiten, melloren as súas competencias lingüÃsticas en
galego botando man das tecnoloxÃas da comunicación e do coñecemento, con
independencia do lugar de residencia e flexibilidade horaria no seu seguimento.
O departamento dirixido por ValentÃn GarcÃa convocará no mes de marzo as probas
de acreditación do Celga nos seus catro niveis, cuxa realización se prevé para
os dÃas 26 e 27 de maio e 2 e 3 de xuño.