O Real Madrid estrea plataforma audiovisual en liña
mércores, 7 de xuño do 2023
AÃnda que estamos
afeitos a que as plataformas de vÃdeo baixo demanda saian coma cogomelos, de
cando en vez sorprende algunha proposta por nacer de xeito independente en vez
de agregarse a algún outro proxecto de maior tamaño, como é o caso de RM Play, a nova
plataforma OTT do Real Madrid, que está accesible vÃa web e tamén para dispositivos con
iOS e con
Android, buscando asà satisfacer a ansia de contido dos madridistas, aos
que achega xa máis de 700 horas de vÃdeo que irá medrando paulatinamente.
Os seareiros do Real Madrid poderán acceder en RM Play á actualidade de todas
as seccións do club (resumos, convocatorias de prensa, entrevistas e
especiais), o arquivo histórico de todas as seccións (incluÃndo os resumos dos
últimos 15 anos do primeiro equipo), tráilers e o primeiro capÃtulo das súas
series orixinais e o sinal en directo de RMTV na súa versión en español e
internacional, asà como os informativos dos últimos 15 dÃas baixo demanda.
Por outra banda, os usuarios Premium e Junior poderán gozar tamén de partidos
completos (actuais e históricos), contido exclusivo e todos os capÃtulos das
series e pelÃculas orixinais desta nova plataforma.