O Samsung Notebook 9 renóvase incorporando pantalla HDR e lector de pegadas
luns, 19 de decembro do 2016
Os
ordenadores ultraportátiles de Samsung veñen de renovarse, e asà temos unha nova
liña de Samsung Notebook 9, que conseguen sumar un deseño delgado e
lixeiro, cunha avanzada conectividade, unha pantalla de calidade e incluso unha
boa seguridade.
Estes novos equipos baseados en Windows 10 chegan en versións con pantallas de
15 e 13,3 polgadas, ambas con resolución Full HD e compatibles con vÃdeo HDR,
de xeito que conseguirán captar a atención de moitos usuarios que queren gozar
da tecnoloxÃa que está a impoñerse nos televisores de ultra alta definición. O
modelo de 13,3 polgada pesa só 816 gramos e ten un grosor de 13,9 milÃmetros,
mentres que o modelo de 15 polgadas pesa 984 gramos cun grosor de 14,9
milÃmetros, de xeito que estariamos ante equipos realmente delgados e lixeiros,
que xunto a súa baterÃa cunha autonomÃa de até 7 horas de autonomÃa permiten
que poidan resultar de grande utilidade en mobilidade, aÃnda que , como
acontece tamén cos últimos smartphones, tamén presumen de carga rápida, de
xeito que non só pode completarse a súa carga en 80 minutos, senón que en só 20
minutos conseguiriamos até 2,1 horas de autonomÃa.
Os Samsung Notebook 9 poden abrirse até 180 gramos, contan cunha estrutura
resistente para que poidan transportarse sen medo, cárganse mediante os
modernos conectores USB-C, inclúen lector de pegadas dixitais compatible con
Windows Hello (para que o usuario poida identificarse sen introducir un
contrasinal), funcionan con procesadores de grande potencia (Intel Core i5/i7
de sétima xeración), contan con até 8 GB de RAM e 256 GB de SSD e poden
presumir dunha grande conectividade (Wi-Fi AC 2X2, Bluetooth 4.1, 2 portos USB
3.0, 1 porto USB-C, saÃda HDMI, lector de tarxetas microSD e toma para auriculares/micrófono).
- Os novos Notebook 9 de Samsung son moi delgados e lixeiros, e a súa pantalla pode abrirse até 180 graos