O Simon, o Tamagotchi e outras maquiniñas recuperadas para xogar na web
luns, 19 de marzo do 2018
O Internet Archive continúa co seu traballo de preservación,
que dende hai máis de 4 anos inclúe a videoxogos como máquinas recreativas e
ordenadores persoais con sistemas operativos obsoletos, que grazas á emulación
poden actualmente rememorarse vÃa web, sorprendendo agora coa recuperación de numerosas maquiniñas
comercializadas entre os anos 70 e 90 que poderÃan considerarse precursoras
das consolas tanto portátiles como domésticas actuais.
Estes trebellos, considerados comunmente coma xoguetes, van dende grandes
éxitos como o xogo de memoria Simon e a mascota virtual Tamagotchi, ata xogos
baseados en máquinas recretivas (como Q*Bert) ou tÃtulos baseados en licenzas
como Batman ou Robocop, entre as que figura incluso Doraemon, o gato cósmico.
Estamos ante trebellos autónomos, que non precisaban conectarse ao televisor, e
que nuns casos podÃa levarse a onde se quixera, mentres que noutros estaban
pensados para o seu uso sobre a mesa, simulando unha máquina recreativa
tradicional.
Empregaban tecnoloxÃas moi rudimentarias, e en
moitos casos eran versión moi reducidas de xogos de recreativa, que
buscaban asà chegar ao mercado de consumo, xa que estas maquiniñas tiñan prezos
bastante contidos, de xeito que probablemente o elemento que afectaba máis ao
seu custo de posesión era que funcionaban con baterÃas.
Para poder crear estes emuladores en moitos casos foi preciso desmontalos
totalmente para poder dixitalizar os deseños dos seus paneis LCD e asà poder
replicar os seus gráficos na súa versión dixital. Un traballo bastante complexo
que permite asà a preservación a longo prazo duns produtos electrónicos que
doutros xeito perderÃanse para sempre por mor da súa degradación natural.
