O Star Wars Battlefront orixinal destaca entre os Xogos con Gold de febreiro
martes, 28 de xaneiro do 2020
Microsoft
desvelou os que serán os Xogos con Gold do mes de febreiro, que recibirán
os subscritores de Xbox LIVE Gold e Xbox Game Pass Ultimate, e aÃnda que os
tÃtulos para Xbox One incluÃdos son de calidade, os xogos retrocompatibles do
mes son moito máis rechamantes pola presenza de todo un clásico: Star Wars
Battlefront.
A partires do 1 de febreiro estará dispoñible o xogo de Xbox One TT Isle of
Man, un tÃtulo de motociclismo que convida a superar o reto do monto
Snaefell, memorizando cada sección e tomando as curvas á perfección mentres se
corre a 300 quilómetros por hora.
O segundo xogo para Xbox One de febreiro, dispoñible a partir do 16 de febreiro,
será Call
of Cthulhu, xogo oficial inspirado no clásico xogo de rol de lapis e
papel Chaosium inspirado no universo de H. P. Lovecraft, no que teremos
que investigar as mortes dunha familia nunha illa remota onde nada é o que parece.
O investigador privado Pierce terá problemas para manter a cordura, tendo dificultades
para discernir o que é real, nun contorno no que a escuridade trata de
seducilo.
De Xbox 360 teremos Fable Heroes,
un hack-and-slash no que poderemos unir forzas con outros tres
xogadores, que pouco ten que ver co que estamos afeitos dentro da franquÃa de Fable,
pero que pode resultar divertido para quen simplemente busca un momento de lecer
cos amigos.
Pero claramente a estrela do mes é o xogo para a Xbox orixinal Star
Wars Battlefront, dispoñible a partires do 16 de febreiro, e que
permite participar en batallas memorables das 6 primeiras pelÃculas de Star
Wars combatendo no campo de batalla cunha chea de armas e vehÃculos en
calquera dos dous bandos, de xeito que tanto poderemos ser un soldado de asalto
imperial como un piloto dun X-Wing. Estamos ante un dos xogos máis aclamados
entre os afeccionados á franquÃa creada por George Lucas, que en 2015 recuperouse
como marca por parte de DICE, con secuela en 2017, confirmando a forza desta propiedade
intelectual.
VÃdeo de presentación dos Xogos con Gold de febreiro
