O Super Mario 3D World chegará acompañado cunha edición especial da Switch

martes, 12 de xaneiro do 2021 Marcus Fernández

Nintendo continúa a celebrar o 35º aniversario de Super Mario Bros., e para manter vivo este espírito vén de publicar un avance de Super Mario 3D World + Bowser’s Fury, versión mellorada do Super Mario 3D World que adáptase á Nintendo Switch á vez que incorpora novidades nas mecánicas de xogo, e que chegará ás tendas o vindeiro 12 de febreiro.
Precisamente esa mesma data é a elixida para outro interesante lanzamento: unha Nintendo Switch edición Mario en cores vermella e azul que tamén incluirá unha funda a xogo. Unha novidade que ratifica que a Switch segue a ser unha consola moi viva, que pese á súa limitada potencia conseguiu liderar as vendas de consolas en 2020, éxito acompañado por moi boas vendas de videoxogos.

Vídeo de adianto de Super Mario 3D World + Bowser’s Fury

PUBLICIDADE