O Wii Fit chegará a España en abril
mércores, 20 de febreiro do 2008

- Táboa de Equilibrio para a Wii
Nintendo anunciou que o xogo Wii Fit e a Balance Board (ou Táboa de Equilibrio) chegarán a
Europa o vindeiro 25 de abril, mentres que nos EE.UU. deberán agardar ó 19
de maio.
O sistema de xogo para a Wii vendeu 1,4 millóns de copias no Xapón dende o seu
lanzamento o pasado 1 de decembro, e agora promete espallarse por todo o mundo convertendo
á consola de Nintendo en toda unha plataforma para a práctica de aeróbic, ioga,
tonificación muscular e xogos de equilibrio.
