O Windows 7 terá bastantes melloras con respecto á súa versión de proba

luns, 16 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Son millóns os usuarios de informática de todo o mundo que probaron o Windows 7 Beta, pero hai que advertir que o futuro sistema operativo de Microsoft que chegará ao mercado a primeiros de 2010 distará un pouco do que se puido probar ata o momento, e estes cambio xa comezan a adiantarse nas novas versións de proba.
Actualmente xa están a traballar no Windows 7 Release Candidate, e entre os cambios están melloras no xeito de amosar gadgets no escritorio, os atallos de teclado cambian de comportamento para mellorar a produtividade, os equipos con pantallas multitáctiles poderán tirar proveito das mesmas (para facer cousas como ampliar imaxes cos dedos sobre a pantalla no Windows Explorer), fai máis rápido o cambio entre modos de enerxía (algo moi interesante para equipos portátiles), o espazo na barra de tarefas amplíase para acoller entre un 24 e un 39% máis de iconas antes de precisar facer scroll e incluso o sistema de control de contas de usuario (UAC) ten lixeiras melloras. E iso sen contar con moitas outras melloras no soporte de hardware ou na usabilidade de aplicacións atendendo aos comentarios que foron facendo os moitos usuarios de proba deste sistema operativo, o que fará posible que cando sexa un produto definitivo estea á altura das expectativas que está a espertar.

PUBLICIDADE