O alumnado galego pode participar no desafío Atrévete coa Aeronáutica! de Galiciencia
martes, 31 de xaneiro do 2023
Galiciencia, a
maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, promovida
polo Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole)
desde o ano 2006 en colaboración coa Consellería de Economía e a
FECYT (Ministerio
de Ciencia e Innovación), chega este ano á
súa 18ª edición. Será
en maio, baixo o lema Aeronáutica
e Aeroespacial. Incluirá
un desafío científico para o noso alumnado.
Polo tanto, ademais do
concurso de proxectos, convócase o desafío científico Atrévete
coa Aeronáutica!, dirixido ao alumnado
de 4º de Primaria a 2º de Bacharelato de toda Galicia. Poderán
participar pequenos grupos de dous a tres integrantes de entre 10 e
18 anos.
Este desafío conta cunha
primeira fase online
que se
superará participando
nos tres retos que se irán propoñendo ao longo dos vindeiros meses.
O prazo de inscrición no primeiro
reto, que deberá
efectuarse vía web, remata o 23 de febreiro. Será
imprescindíbel
ter participado nos tres retos en liña
para chegar á fase final, presencial durante a celebración de
Galiciencia, onde competirán os tres grupos
mellor valorados de cada categoría: Primaria, Secundaria e 4º da
ESO e Bacharelato.
A
finalidade desta proposta é inculcar nos máis novos a idea de que
“a humanidade soñou con voar desde o principio dos tempos. En
termos históricos, hai moi pouco que o conseguimos e, desde entón,
non deixamos de avanzar”.