O apagamento analóxico entrará en Galicia pola Fonsagrada a primeiros de abril
martes, 19 de febreiro do 2008
A Fonsagrada será a primeira
comarca de Galicia na que dará comezo o apagamento analóxico de
televisión. A principios de abril, os veciños deste concello lugués
deixarán de ver o sinal polo sistema vello, co que se dará comezo
á transición ó futuro dixital, proceso no que a empresa Retegal,
dependente da Xunta, investirá 14 millóns de euros en 130 centros
emisores.
A previsión é que a cobertura prevista pola empresa pública achegue
o sinal das dúas canles da TVG e das dúas canles privadas ó 98 por
cento da poboación galega. O apagamento da Fonsagrada enmárcase no
plan piloto de transición á TDT e o feito de escoller este concello
de Lugo é un xeito de coñecer a reacción da poboación rural ante
a nova tecnoloxÃa, nunha zona marcada polo espallamento xeográfico
e pola elevada idade media dos seus habitantes.
A Xunta desenvolverá nas vindeiras semanas unha serie de iniciativas
de difusión da nova tecnoloxÃa, tendentes a achegar á poboación
métodos prácticos para adaptarse á emisión dixital, por outra banda
xa en probas desde hai meses. A este respecto, a Dirección Xeral de
Comunicación porá en marcha incentivos de carácter privado e público
nas zonas onde se vai producir o apagamento analóxico, que comezará
a finais de ano polo interior de Ourense limÃtrofe con Castela. Ó
longo de 2009 apagarase o sinal analóxico en Santiago, A Coruña-Ferrol,
a cidade de Ourense e, xa para rematar, a principios de abril farano
Pontevedra-Vigo e a cidade de Lugo.
Sobre a emisión do sinal da televisión portuguesa en Galicia, non
se albisca a medio prazo, sinalou a Xunta, xa que escapa ás súas competencias
e (engade) suporÃa un investimento semellante de 14 millóns de euros,
amais doutros problemas técnicos, económicos, de publicidade e de
proxectar cómo se verÃan as canles galegas en Portugal.
O apagamento analóxico afecta inicialmente ó sinal das televisións
públicas e está pendente aÃnda o desenvolvemento dixital das privadas.
