O apagamento analóxico non se retrasará segundo o ministro de Industria
mércores, 21 de maio do 2008

- Sebastián presentando o apagamento analóxico que terá lugar en Soria no verán
Nos últimos dÃas
se estaba a rumorear a posibilidade de que o ministro de Industria, Comercio e
Turismo, Miguel Sebastián, anunciase que o apagamento analóxico da televisión
en España se retrasase ata 2012, o que finalmente non se confirmou, pois
Sebastián anunciou que tal operación se
adiantará a Soria o vindeiro 23 de xullo coma xa pasou no concello
lugués da Fonsagrada.
Deste xeito, durante o verán os sorianos deixarán de recibir o sinal televisivo
en analóxico, tendo que adaptarse á TDT con máis presa que o resto do Estado.
Esta caso seguirá os mesmos pasos que o da Fonsagrada, servindo como
experiencia piloto para estudar o comportamento dos consumidores ante o cambio
tecnolóxico. Os cidadáns tamén poderán
optar a axudas para a compra de receptores de TDT (de 60 euros se
inclúen Mhp) e para adaptar as antenas dos seus edificios (de 450 euros).
Os
rumores sobre as demoras do apagamento analóxico viñan provocados por
distintas presións de grupos mediáticos que pretenden que se permita a creación
de servizos de pago a través da TDT, o que complicarÃa bastante o tránsito á
dixitalización, pois boa parte dos receptores actuais non soportarÃan estes
servizos avanzados (os receptores deberÃan contar con lector de tarxetas de
acceso condicional).
Pero todos estes potenciais cambios non parecen ser beneficiosos para unha
tecnoloxÃa que está a atopar moitos atrancos para introducirse nos fogares, e
aÃnda que o 54,2% dos edificios xa adaptasen as súas antenas, se vendesen 9,7
millóns de sintonizadores de TDT e se estime que o número de fogares conectados
é do 32,1%, o certo é que a nivel de consumo a
Televisión Dixital Terrestre só ten unha cota de pantalla do 13%, o
que deberÃa mellorar moito antes do apagamento dixital.
Estes malos resultados poderÃan estar provocados pola pouca calidade dos
contidos das canles de TDT que non se poden recibir en analóxico, que
normalmente se limitan a reposicións, teletendas e outros espazos de pouco
interese para os espectadores.
