O barómetro de Google presenta unha web moi tranquila durante 2007

venres, 7 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Esta semana Google anunciou a listaxe de buscas máis frecuentes durante 2007, de xeito que temos que o iPhone de Apple é o máis buscado do ano, seguido de varios servizos da Web 2.0, (YouTube, , MySpace e Facebook), as comunidades virtuais de Webkinz e Club Penguin, un par de produtos audiovisuais (a película dos Transformers e a serie de televisión Heroes), a falecida modelo Anna Nicole Smith (que deu moito que falar a causa da súa polémica morte e herdanza) e a web de novas do famoseo TMZ. Estes resultados parecen bastante normais, e virían a confirmar que a web é un bo reflexo social nun ano no que o público parece relaxado, pois se contrastamos as 10 buscas máis importantes de 2007 coas de 2001 veriamos como hai 6 anos o terrorismo islamita era a principal preocupación (con 6 das 10 buscas máis importantes) acompañado polo éxito de Harry Potter, o sistema operativo Windows XP, a rede P2P Audiogalaxy e o reality show Loft Story.
Resulta agradable ver que a Internet parece máis tranquila e superficial hoxe en día.