O blogueiro e crÃtico Armando Requeixo, premio AlecrÃn 2017
xoves, 10 de agosto do 2017
O crÃtico e blogueiro
Armando
Requeixo vai ser
recoñecido co premio AlecrÃn 2017 da man da Federación de
Entidades Culturais Galegas de Catalunya (FEGALCAT). A entrega do
galardón celebrarase esta sexta feira (venres) no Castelo de Castro
Caldelas, nun acto no que tamén se recoñecerá (entre outros
persoeiros e entidades) o labor doutro referente galego da nosa
literatura: Olegario
Sotelo Blanco. Estes premios entregados anualmente dende 2010
dirÃxense a salientar o labor de persoas e entidades destacadas en
prol de diferentes eidos da sociedade, como a comunicación, o
deporte, a música ou as letras do paÃs. É no ámbito da literatura
onde se premiará a Requeixo (premio AlecrÃn no eido da CrÃtica e a
Investigación Literaria) e a Sotelo (Promoción Cultural).
Armando Requeixo, como
lembraremos, é un dos grandes referentes da comunidade dixital
galega no ámbito da literatura e a crÃtica. Mantén un blog de seu,
Criticalia,
que é cita obrigada para os lectores e un instrumento de contacto
directo coa actualidade das nosas letras. En xaneiro deste mesmo ano
o portal galego Fervenzas
Literarias premiou o
devandito caderno dixital de Armando Requeixo como o mellor web/blog
do ano na nosa Rede.
