O clásico Donkey Kong chega a Nintendo Switch

venres, 15 de xuño do 2018 Marcus Fernández

Aínda que a Nintendo Switch non vaia incorporar a curto-medio prazo a Consola Virtual, iso non significa que os xogos retro non vaian estar dispoñibles para a última consola de Nintendo, e hoxe temos un bo exemplo diso, xa que dentro da colección Arcade Archives estréase hoxe na Nintendo eShop a un prezo de 6,99 euros o clásico Donkey Kong.
Estamos ante un dos xogos máis relevantes da historia, xa que deste título de acción de 1981, no que un home ten que rescatar a unha muller saltando barrís que lle guinda un gorila e esquivando numerosos perigos foi o xermolo das franquías Donkey Kong e Super Mario Bros., á que moitos dos mellores xogos da historia de Nintendo e que probablemente son das iconas da cultura popular máis recoñecibles actualmente.
A nova versión do xogo permite xogar até 2 usuario á vez e contén tanto as versións inicial e posterior do xogo, así como a súa versión internacional. Este lanzamento ten moito máis mérito do que podemos pensar, xa que existían problemas legais para a recuperación do xogo de recreativa orixinal (por conflitos coa autoría do seu código), e durante anos estas versións do xogo non puideron comercializarse.

O xogo consiste en ascender evitando perigos para rescatar a unha moza secuestrada por un gorila
O xogo inclúe varias das súas versións, para que cadaquén decida xogar á súa favorita

PUBLICIDADE