O clásico Hyper Sports chega a Nintendo Switch
xoves, 28 de novembro do 2019
En setembro
chegou a Nintendo Switch o xogo Arcade Archives TRACK & FIELD,
editado por HAMSTER, clásico deportivo de 1983, que un ano despois contou coa
secuela Hyper Sports, que hoxe
estrea versión para Switch a un prezo de 6,99 euros, dando asà unha
extraordinaria oportunidade de recuperar todo un clásico de Konami que nos anos
80 causou furor en salóns recreativos e en ordenadores persoais.
Hyper Sports ofrece a oportunidade de competir nos deportes de natación,
tiro ao prato, salto de poldro, tiro con arco, triplo salto, levantamento de
peso e salto con pértega, permitindo ata 4 xogadores consecutivos en local. As
mecánicas de xogo son moi sinxelas, de xeito que os distintos deportes olÃmpicos
xóganse con pulsacións rápidas de botóns (para correr) e pulsacións precisas
para realizar unha acción (coller aire, saltar, disparar...), o que manterÃase en
xogos futuros de Ocean Software como Daley Thompson’s Decathlon e as
súas secuelas.

- AÃnda que na meirande parte das probas o importante é manter unha rápida pulsacións de botóns, noutras o importante é a precisión
