O clásico Pac-Man rexurde na Xbox 360

xoves, 7 de xuño do 2007 Marcus Fernández

Trala súa adaptación para os iPod, o comecocos rexurde a través da tenda en liña de Microsoft para a Xbox 360, de xeito que o xogo que xa ten 27 años de historia renova lixeiramente a súa aparencia no Pac-Man Championship Edition que permitirá ós nostálxicos rememorar os momentos vividos xogando a unha das máquinas arcade máis representativas, que serviu mesmo de inspiración para series de televisión, dada a icónica figura consolidada polo Pac-Man.
Este nova entrega dun dos xogos máis versionados da historia venderase a 10 dólares e destacou por ser deseñada por Toru Iwatani, ou sexa, o deseñador do xogo orixinal, que se retira da industria con esta última obra.

PUBLICIDADE