O clásico Sensible World of Soccer volve para Xbox 360 e Windows Vista

martes, 18 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Os usuarios de Xbox LIVE poderán mercar dende mañá por 800 Microsoft Points o clásico xogo futbolístico Sensible World of Soccer, que arrasara a mediados da década pasada, pero incorporando xogo en liña (con Vista ou con Xbox LIVE Arcade) e graficos mellorados respectando o código do programa orixinal, de xeito que servirá perfectamente para rememorar a experiencia de xogo dun título que deu lugar a unha das sagas de máis éxito entre 1992 e 2006.
O Sensi rexurde así coma un xogo apto para os usuarios que non lle dean tanta importancia ós adornos habituais neste tipo de títulos na actualidade, e que prefiran centrarse nunha xogabilidade boa e unha dinámica de xogo trepidante.