O colectivo Nosotras Intramuros visita a Ciberaula de Caixa Galicia
martes, 17 de marzo do 2009

- As mulleres de Teixeiro retratadas para La Opinión
No verán de 2007, un grupo de mulleres presas no centro
penitenciario de Teixeiro estrearon un blog no que trasladaban á Rede as súas
inquedanzas e vivenzas diarias, compensando dese xeito, a falta de liberdade á
que estaban sometidas detrás das portas dos seus módulos.
Estas Chicass 10
(que é como se chama a súa bitácora), pertencen á asociación Nosotras Intramuros, e levan dende entón
exercendo o seu dereito á información e á liberdade de expresión dende dentro
do cárcere, servíndose das novas tecnoloxías para “abrirse portas, cruzar muros e facer posible a reinserción na sociedade
do coñecemento global”.
Este colectivo, que entre outras actividades, organiza
obradoiros e cursos para as internas, puido acudir onte a Ciberalia, a aula de
informática de Caixa Galicia, dende onde colgaron unha nova entrada no seu blog que normalmente
realizan dende o cárcere.
Nela, o tema principal é “Somos
libres, somos bloguer@s” e dende alí agradecen publicamente esta segunda
oportunidade que lles brindou a vida e valoran moi positivamente a experiencia
que están a vivir con este proxecto virtual que levan a cabo dende o centro
penitenciario.
Mostra da intensidade destas vivencias, o colectivo publica
posteriormente outra entrada coas imaxes máis destacadas do día, cando, despois
da visita a Ciberalia, toman un café antes de volver á dura realidade do
cárcere.
