O concurso de adxudicación de licenzas de TDT móbil abrirase antes de marzo de 2008
mércores, 1 de agosto do 2007
La Gaceta de los
Negocios confirmou que a Televisión Dixital Terrestre dende o móbil terá
presenza en Madrid e Barcelona a primeiros de 2009 pois Industria abrirá a
concurso tal servizo antes de marzo de 2008, dando un prazo de 1 ano para dar
cobertura as dúas grandes cidades, mentres que as cidades de máis de 250.000
habitantes terían que agardar outro ano máis para a chegada desta tecnoloxía. As
cidades de menor tamaño no terían garantida a TDT móbil ata 2011.
A Secretaría de Estado de Telecomunicacións pretende forzar a que exista un número
suficiente de canles en aberto mediante esta tecnoloxía, que tamén serviría
para achegar radio, datos e multimedia.
