O debate electoral desta noite poderase seguir en Twitter

luns, 4 de novembro do 2019 Marcus Fernández

A Academia das Ciencias e as Artes de Televisión e do Audiovisual acadou unha alianza estratéxica con Twitter España para ofrecer a través da súa conta oficial a retransmisión en directo do sinal do único debate televisado a cinco no que participarán os candidatos á presidencia do Goberno de España nas vindeiras eleccións (Pedro Sánchez, Pablo Casado, Albert Rivera, Pablo Iglesias e Santiago Abascal).

JPEG - 82.8 KB
Nathalie Picquot (Twitter España), María Casado (AcademiaTV) e Beatriz Arias (Twitter España) escenificando o acordo que fai posible a retransmisión vía Twitter do debate desta noite

Twitter tamén creou un evento que facilita o seguimento do sinal en directo, así como chiar e comentar o que ocorra durante o debate electoral.
Este debate electoral celebrarase no Pavillón de Cristal da Casa de Campo de Madrid ás 22:00 horas, e prevese que sexa un dos eventos máis comentados do ano en Twitter a nivel español, xa que a audiencia desta plataforma é moi participativa na conversa política.
A conversa desta noite en Twitter xirará ao redor do cancelo #ElDebate4N.

PUBLICIDADE