O diario 20 Minutos estrea televisión por Internet

xoves, 13 de decembro do 2007 Marcus Fernández

O xornal 20 Minutos amplía a súa edición dixital cunha televisión vía web sobre tecnoloxía de ADNstream.tv, de xeito que presenta os seus contidos cunha interface moi semellante á de Joost, que permite moverse polos contidos mediante categorías, así como votar os distintos vídeos para facer unha televisión mutante que se vai adaptando ós gustos do público.
20minutos.tv permite acceder en pantalla completa a toda a oferta audiovisual de 20 Minutos, ofrecendo un achegamento á actualidade repartindo os clips de vídeo na canles España, Internacional, Tecnoloxía, Xente, Tempo, Deporte, Rúa 20, Televisión, Cine e Música.
Aparte da actualidade, o lecer tamén terá un especial interese, pois achegará ó internauta os avances das principais estreas cinematográficas e os videoclips dos artistas do momento.

PUBLICIDADE