O documental 8 BIT analiza a influenza dos videoxogos na cultura moderna
venres, 6 de outubro do 2006
Este sábado estréase no MOMA de New York un documental realizado de xeito independente e con vocación artÃstica sobre a relación entre a cultura e o mundo dos videoxogos.
8 BIT será asà un documental que tratará o fenómeno da demo scene dos anos 80, a música de sintetizador e os usos artÃsticos dos vellos videoxogos, dando unha particular visión da arte amosada por unha xeración que medrou xogando con consolas Atari e ordenadores Commodore 64. Estariamos asà ante a herdanza dixital da Xeración X.
Polo momento só podemos ver un pequeno avance do documental en YouTube, pero promete ser unha produción moi interesante para os nostálxicos dos primeiros videoxogos:
