O documento que deu lugar á web cumpre 20 anos

venres, 13 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Berners Lee durante unha recente conferencia

O 13 de marzo de 1989 foi a data na que Tim Berners-Lee publicou Information Management: A proposal, un proxecto para administrar mellor a monitorización do fluxo de investigacións no CERN, onde a meirande parte dos investigadores están só un par de anos, o que fai que á súa marcha se perdese moita información. Sementaríanse así as bases do que en poucos meses foi a web, pois en novembro de 1990 levaría ao inicio dun proxecto sobre hipertexto chamado WorldWideWeb, que non se publicaría na Internet ata agosto de 1991, e habería que agardar a 1992 para ver os primeiros navegadores web ata que en 1993 saíu o NCSA Mosaic, que pese a non ser o primeiro, si foi o máis popular ata que chegou o Netscape Navigator en decembro de 1994.
Con todo este baile de datas parece difícil determinar cando naceu a web, pero hoxe podemos dicir que o seu concepto naceu no papel hai 20 anos, aínda que en facerse realidade tardaría pouco máis dun ano.